xoves 23 outubro 2014

Ultimos días para entrega de propostas do Concurso de Ideas de Logo e lema da Reserva da Biosfera

AMPLIACIÓN DO PRAZO ATA O 30 DE OUTUBRO DE 2014:

Co obxecto de chegar á maior participación posible de persoas do territorio e sobre todo aos rapaces e rapazas do territorio valorouse dende a Xunta Directiva do GDR Mariñas – Betanzos, a posibilidade de ampliar o prazo de presentación de propostas ata o día 30 de outubro de 2014, tal como nos teñen demandado diferentes centros escolares do territorio e así poder cubrir a ampla área que supón o territorio da Reserva.

Así preténdese dende a organización do Concurso,  adaptar o calendario deste concurso ao escolar, visitando ao máximo número de centros escolares e facer a máxima difusión posible deste concurso de ideas, ao mesmo tempo que se ofertará un novo programa de actividades dentro da Reserva para os alumn@s.


Descargar bases no seguinte enlace:





luns 15 setembro 2014

III SEMANA DE CUSTODIA DO TERRITORIO NAS MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

A custodia do territorio é unha fórmula de actuación na que os propietarios e mailos usuarios do territorio implícanse na conservación e no uso dos valores e dos recursos naturais, culturais e paisaxísticos.

A Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, declarada en maio de 2013, ten como obxectivo compatibilizar a conservación dos espazos naturais máis valiosos do territorio co desenvolvemento sostible.

Co obxectivo de fomentar as iniciativas de protección do territorio, a Asociación Mariñas - Betanzos, xunto coa Fundación Fragas do Mandeo, organiza a III Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na que se desenvolverán conferencias e accións de voluntariado ambiental.
Esta terceira edición ten como fin que a cidadanía coñeza algunhas das especies de animais e de plantas presentes no territorio da reserva da biosfera que precisan da nosa atención e coidados por estaren ameazadas. O obxectivo é fomentar na bisbarra unha cultura de conservación da biodiversidade, para que tanto os estamentos oficiais coma os particulares teñan en conta as súas necesidades vitais antes de acometer actuacións ou realizar actividades no medio natural. Grazas a senlleiros investigadores, achegarémonos á vida das xoias que conforman o tesouro natural que se agocha en As Mariñas.

Actividades do 20 ao 28 de setembro de 2014.

Si estás interesad@ en participar envia a folla de inscrición que se xunta co Programa, indicando a que actividade queres inscribirte:




venres 27 xuño 2014

Ampliación prazo entrega de propostas do Concurso de Ideas para propoñer o logotipo da Reserva

AMPLIACIÓN DO PRAZO ATA O 30 DE OUTUBRO DE 2014:

Co obxecto de chegar á maior participación posible de persoas do territorio e sobre todo aos rapaces e rapazas do territorio valorouse dende a Xunta Directiva do GDR Mariñas – Betanzos, a posibilidade de ampliar o prazo de presentación de propostas ata o día 30 de outubro de 2014, tal como nos teñen demandado diferentes centros escolares do territorio e así poder cubrir a ampla área que supón o territorio da Reserva.

Así preténdese dende a organización do Concurso,  adaptar o calendario deste concurso ao escolar, visitando no mes de setembro ao máximo número de centros escolares e facer a máxima difusión posible deste concurso de ideas, ao mesmo tempo que se ofertará un novo programa de actividades dentro da Reserva para os alumn@s.


Descargar bases no seguinte enlace:





xoves 12 xuño 2014

Xornada Divulgativia: O Porto Exterior da Coruña. Xestión Ambiental nos Inicios da Actividade Operacional

Dentro das actividades previstas no Plan de Xestión (2013-2017) da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, está o entorno económico e coñecer mellor os recursos cos que contamos dentro da Reserva da Biosfera. Tentando contribuír a elo, temos organizado dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo xunto co CEIDA e a Autoridade Portuaria de a Coruña a Xornada Divulgativa: “O PORTO EXTERIOR. Xestión Ambiental nos inicios da actividade operacional.” No Programa desta Xornada, que se celebrará o próximo SÁBADO 21 DE XUÑO DE 2014, está prevista unha conferencia ás 10.30 horas, sobre a Xestión Ambiental no Porto de A Coruña, que se impartirá na sede da Autoridade Portuaria de A Coruña, e a continuación entre as 11 e as 13.30 horas unha visita guiada ás instalacións do Porto Exterior de A Coruña.

xoves 22 maio 2014

A XUNTA DE GALICIA COLABORA COA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO


Na primera visita oficial do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Agustín Hernández tense desprazado ata o LIC Abegondo-Cecebre con motivo dos Días da Biodiversidade e da Rede Natura 2000. 

Alí, o Presidente de Reserva de Biosfera, Santiso Miramontes, amosou ao representante autonómico a labor de conservación e educativa medioambiental, de “máxima prioridade” para a Reserva de Biosfera, que se desenvolve. 

Este foi o lugar elixido por Hernández e Santiso para avanzar unha próxima reunión para concretar accións en común entre unha delegación da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e os responsables da Xunta.


Neste acto tense soltado un halcón recuperado no Centro de Recuperación da Fauna Salvaxe de Oleiros.